Dende o Centro de Atención Psicolóxica Áurea Brea damos cobertura as problemáticas psicolóxicas que poden xurdir na infancia e adolescencia.
As principais funcións que desenvolvemos neste eido son:
Orientación a pais e nais.
En moitas ocasións, os pais poden chegar a atoparse un pouco desorientados á hora de afrontar certas condutas ou problemáticas dos seus fillos e fillas. Non debe ser necesaria a aparición dun trastorno da saúde mental para acudir en busca de axuda psicolóxica. Hai momentos na vida, na que as nais e pais, precisan algún tipo de pauta á hora de resolver conflitos no fogar ou reconducir certos comportamentos dos rapaces.
Tarefas avaliativas, valoración do problema e elaboración de informes.
É moi importante á hora de facer unha boa intervención psicoterapéutica, realizar previamente un análise exhaustivo das variables que inflúen sobre a situación.
Dende o noso centro, elaboramos informes psicolóxicos, que poden ser necesarios para presentar en diferentes organismos institucionais.
Intervención psicolóxica axeitada a cada idade e problemática.
Para traballar con nenos e adolescentes, é fundamental contemplar a etapa evolutiva na que se atopen, a madurez cognitiva e tamén o tipo de problema que presentan.
Damos tratamento psicolóxico as diferentes problemáticas propias da infancia e adolescencia: medos, ansiedade de separación, fobias, fracaso escolar, trastorno da conduta, celos, depresión infantil, trastorno por déficit de atención e hiperactividade, timidez, trastornos do espectro autista……
Comunicación e traballo conxunto cos centros escolares.
Cando se traballa con nenos e adolescentes é fundamental estar en contacto coa escola, institución na que pasan moitas horas e moitos anos da súa vida. O rendemento académico, moitas veces, vese afectado pola situación persoal que atravesa o alumno, e moitas outras, é o mal rendemento académico o que leva a solicitar a axuda dun psicólogo. Dende o noso centro, colaboramos de forma directa e damos pautas a profesores e titores para facilitar o manexo de determinadas situacións co neno ou adolescente.
Ver carta completa de servizos dirixidos a nenos e adolescentes.