981-97-28-78

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 33, 1ºB, NOIA. Cp:15200
info@aureabreaclinicapsicologica.com
Centro Sanitario: C-15-003126

Áurea Brea Fernández

Áurea Brea e psicóloga sanitaria especialista en psicoloxía clínica e terapeuta EMDR.

  • Nace en Vigo en 1983. Estuda psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e licénciase no 2007 na especialidade de psicoloxía clínica.
  • Cunha marcada vocación social comeza a súa traxectoria laboral en asociacións sen ánimo de lucro.
  • Traballa como psicóloga e psicoeducadora en Proxecto Home Galicia, experiencia que lle permite coñecer en profundidade á problemática das adiccións. Exerce en números recursos: Unidade de Rehabilitación Intrapenitenciaria no Cárcere de Pereiro de Aguiar, Unidade de Patoloxía Dual de Vigo, Comunidade Terapéutica de politoxicomanías de Val do Dubra, Comunidade Terapéutica de Alcoholismo en Pontevedra, etc.
  • Compaxina a súa experiencia laboral con estudos de posgrao e no 2010 obtén o título de Máster en Xerontoloxía Social. Fórmase no ámbito das persoas maiores e colabora con asociacións impartindo talleres psicoeducativos e charlas destinadas a terceira idade.
  • No 2011 é contratada como psicóloga coordinadora da Asociación de Anorexia e Bulimia de Galicia (ABAGAL). Traballa como psicoterapeuta con persoas con anorexia e bulimia. Fórmase durante varios anos no ámbito dos desordes alimentarios e colabora con diversos organismos impartindo talleres preventivos e formación neste eido (Unidade de desordes alimentarios de Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, FEGAS). No 2015 obtén a titulación de experta en trastornos alimentarios.
  • En febreiro do 2013 inaugura o Centro de Atención Psicolóxica Áurea Brea.

Dende entón exerce como terapeuta neste dispositivo, labor que compaxina coa formación en psicoterapia e coa docencia.

  • No 2014 obtén a titulación de terapeuta especialista en EMDR.

Para máis detalle descargar CV .