981-97-28-78

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 33, 1ºB, NOIA. Cp:15200
info@aureabreaclinicapsicologica.com
Centro Sanitario: C-15-003126

Prevención e psicoeducación

A prevención e a psicoeducación son as ferramentas clave para promover a saúde. Multitude de patoloxías, tanto físicas como mentais, veñen reducindo a súa incidencia na poboación grazas as actividades preventivas.

A finalidade dos seguintes servizos (programas preventivos, charlas e talleres psicoeducativos) é tanto a prevención de patoloxías como a promoción do benestar e a saúde emocional.

As problemáticas nas que se incide en maior medida son: adiccións, desordes alimentarios, desordes anímicos e dependencia.

Os principais destinatarios destas intervencións son: infancia e adolescencia, muller, pais e nais e terceira idade.

» Prevención escolar.

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DOS TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA E A OBESIDADE INFANTIL.

Obxectivos:

  • Fomentar a través do xogo hábitos de alimentación saudables.

  • Adquisición de conceptos básicos sobre os alimentos.

  • Crear un marco para xerar relacións positivas co eido da alimentación.

Destinatarios: nenos e nenas de educación infantil.

Duración: 1 hora.

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO DESORDES ALIMENTARIOS: ANOREXIA, BULIMIA E OBESIDADE.

Descrición: programa que consta de taller práctico e accións avaliativas.

Duración: 1 sesión de 100 minutos + 20 minutos para tarefas avaliativas.

Obxectivos:

  • Enriquecer o autoconcepto e incrementar a autoestima.

  • Desenvolver o pensamento crítico ante os mensaxes publicitarios.

  • Desmentir falsos estereotipos sociais vinculados á imaxe.

  • Informar sobre os perigos de certas dietas e hábitos alimentarios e fomentar hábitos de alimentación saudables.

  • Detectar adolescentes en risco de padecer estas problemáticas e asesoramento dos mesmos.

Destinatarios:

  • Adolescentes entre 13 e 16 anos.

  • Existe unha versión do programa para alumnos de 2º ciclo de primaria.

PROXECTO ATRÉVETE: PROXECTO DE PREVENCIÓN DO ABUSO DO ALCOHOL E OUTRAS DROGAS.

Descrición: proxecto preventivo que incide directamente sobre os factores de risco de consumo de alcohol e drogas.

Obxectivos:

  • Transmitir conceptos clave sobre o tema do alcohol.

  • Fomentar o pensamento crítico con respecto ó consumo do alcohol e outras drogas.

  • Potenciar factores de protección para ó abuso de alcohol e outras drogas (habilidades sociais, capacidade de resolución de problemas, tolerancia á frustración, etc.)

  • Detectar adolescentes vulnerables a padecer estas patoloxías e deseñar un plan personalizado cos aspectos que se han de traballar.

Destinatarios: rapaces e rapazas entre 13 e 17 anos.

Duración: 4 sesión de 100 minutos.

» Para educadores (nais e pais e profesorado):

ACHEGAS DA PSICOLOXÍA Á EDUCACIÓN: PREVENCIÓN DE PROBLEMAS DE CONDUTA.

Descrición: Charla – coloquio, altamente recomendable.

Duración: 90 minutos.

Obxectivos:

  • Presentación das estratexias básicas que garanten unha estabilidade emocional e un marco de desenvolvemento seguro e estruturado para o neno/a.

  • Previr de forma precoz problemas de conduta e comportamentos disruptivos.

Destinatarios: pais e nais de nenos e nenas de 0 a 11 anos, tamén recomendable para educadores destas franxas de idade.

ACHEGAS DA PSICOLOXÍA Á EDUCACIÓN: A ETAPA ADOLESCENTE.

Descrición: Charla – coloquio.

Duración: 90 minutos.

Obxectivos:

  • Familiarizar ás nais e pais coas particularidades específicas da etapa adolescente.

  • Dotar ós pais e nais de estratexias educativas encamiñadas a promover un axeitado desenvolvemento persoal e social nos seus fillos e fillas.

Destinatarios: pais e nais de rapaces e rapazas entre 11 e 17 anos. Educadores/profesorado de adolescentes.

DESORDENES ALIMENTARIOS: IDENTIFICACIÓN E PREVENCIÓN.

Descrición: Charla -coloquio.

Duración: 100 minutos.

Obxectivos:

  • Adquisición de coñecementos para a rápida identificación de trastornos da conduta alimentaria.

  • Dotar as nais e pais de competencias no eido da educación nutricional e no fomento dun autoconcepto saudable nos seus fillos.

  • Fomentar o emprego de pautas de alimentación saudables nas súas casas.

Destinatarios: pais/nais e profesorado de nenos/as en idade escolar.

» Muller.

MULLER E AUTOESTIMA.

Descrición: taller grupal.

Destinatarios: adultos, especialmente mulleres de 15 a 65 anos.

Duración: 3 sesións de 120 minutos de duración.

Obxectivos:

  • Concienciar sobre os mensaxes perniciosos que recibimos e crear unha protección fronte os mesmos.

  • Potenciar un autoconcepto rico e amplio.

  • Fomentar hábitos de vida saudables a nivel físico e mental.

  • Prevención de desordes anímicos e alimentarios.

» Terceira idade.

CLAVES PARA UN ENVELLECEMENTO ACTIVO: PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA.

Descrición: exposición dinámica tipo charla -coloquio.

Duración: 80 minutos.

Obxectivos:

  • Desmitificar aspectos negativos vinculados ó envellecemento.

  • Promover hábitos e actitudes entre a poboación que garanten o benestar das persoas nesta etapa vital.

Destinatarios: especialmente indicado para maiores de 55 anos pero recomendable para calquera adulto.

PROXECTO BEM: PROXECTO PARA A PROMOCIÓN DO BENESTAR EMOCIONAL NO MAIOR.

Descrición: programa preventivo que aborda en profundidade os factores de risco de patoloxías ansiosas e anímicas.

Obxectivos:

  • Detectar de forma precoz patoloxías ansiosas e depresivas.

  • Desmitificar estereotipos negativos vinculados á vellez.

  • Promoción de hábitos saudables e adopción de estratexias protectoras contra estas problemáticas.

Destinatarios: persoas maiores de 65 anos e coidadores de dependentes.

Duración: 7 sesións de 90 minutos de duración.

  • As actuacións indicadas poden flexibilizarse e adaptarse ós requirimentos específicos da situación e dos destinatarios.

  • Posibilidade de desenvolver novas intervencións segundo as demandas do organismo solicitante.

  • Os proxectos e programas contan cun sistema de avaliación da súa efectividade.