981-97-28-78

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 33, 1ºB, NOIA. Cp:15200
info@aureabreaclinicapsicologica.com
Centro Sanitario: C-15-003126

Depresión, ansiedade, estrés, fobias…

puenteA depresión, a ansiedade, o estrés e as fobias son os problemas de saúde mental máis frecuentes e provocan un gran malestar e sufrimento a multitude de persoas.

En moitos casos, as persoas que as padecen reciben unicamente tratamento farmacolóxico, que por si só pode resultar insuficiente e con frecuencia, innecesario e contraproducente.

Ven demostrándose cientificamente que o máis saudable e eficaz para superar a depresión, a ansiedade, o estrés, as fobias e o insomnio é o tratamento psicolóxico. Entre as terapias de maior eficacia destaca a terapia cognitivo-conductual, actualmente, tamén, se ven poñendo de manifesto a eficacia de outros tratamentos como a terapia EMDR para o abordaxe eficaz destas patoloxías.

En moi poucas sesións poden conseguirse importantes mellorías na calidade de vida do paciente, ademais, o tratamento psicolóxico consegue que os logros acadados perduren no tempo.