981-97-28-78

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 33, 1ºB, NOIA. Cp:15200
info@aureabreaclinicapsicologica.com
Centro Sanitario: C-15-003126

Infancia e adolescencia

A infancia e a adolescencia son períodos evolutivos cunha importancia clave no desenvolvemento persoal, emocional e cognitivo. Dada a complexidade e singularidade desta etapa é imprescindible que sexan psicólogos especialistas en terapia infanto-xuvenil os que valoren e traten a nenos e adolescentes.

No noso centro contamos cun equipo de traballo constituído por unha psicóloga especialista en infancia e adolescencia e unha neuropsicóloga. Isto permítenos impartir de forma especializada os seguintes servizos:

Orientación e asesoramento a nais e pais.

Avaliación e intervención psicolóxica en trastornos da saúde mental e outras problemáticas.

  • Ansiedade e estrés.
  • Medos e fobias infantís.
  • Fobia social, timidez, mutismo.
  • Problemas emocionais, depresión, duelo.
  • Celos infantís.
  • Bullyng, acoso escolar.
  • Problemas de sono: pesadelos, terrores nocturnos…
  • Problemas de alimentación na infancia e adolescencia: trastornos alimentarios, obesidade infantil,…
  • Educación psico-sexual.
  • Problemas de conduta en nenos e adolescentes.
  • Adiccións a condutas ou sustancias en adolescentes.

Valoración e orientación en problemas de aprendizaxe.

  • Reforzo da atención e concentración, memoria, razoamento, planificación/organización, comunicación verbal e escrita.
  • Problemas de estudo e fracaso escolar.

Valoración e intervención en trastornos do desenvolvemento.

  • Espectro autista: trastorno autista, síndrome de asperger.
  • Trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH).
  • Retraso madurativo.
  • Parálise cerebral.

Valoración e rehabilitación neuropsicolóxica en nenos e adolescentes con lesións cerebrais.

  • Traumatismos, hemorraxias, tumores específicos da infancia, infeccións (meninxite), anoxias,…