981-97-28-78

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 33, 1ºB, NOIA. Cp:15200
info@aureabreaclinicapsicologica.com
Centro Sanitario: C-15-003126

Adiccións

adiccionsAs adiccións son trastornos da saúde mental graves e de gran complexidade que requiren dun abordaxe especializado e en ocasións multidisciplinar.

As adiccións a substancias como o alcohol, a cocaína, o cannabis ou as drogas de síntese son patoloxías graves con consecuencias dramáticas para a saúde física e psicolóxica.

A día de hoxe, ademais da alta presenza de adiccións a substancias, tamén hai que destacar, un gran incremento do número de persoas que sofren adicción a condutas ou adiccións sen substancia, como poden ser as compras compulsivas, a ludopatía ou a adicción as novas tecnoloxías. Estas adiccións supoñen, tamén, para quen as padece un alto custe persoal, social, familiar e económico.

Calquera persoa que desexe superar unha adicción pode conseguilo. O apoio e o tratamento psicolóxico son fundamentais neste proceso.

No Centro de Atención Psicóloxica Áurea Brea, proporcionamos atención especializada a estas problemáticas en adultos como en adolescentes.