981-97-28-78

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 33, 1ºB, NOIA. Cp:15200
info@aureabreaclinicapsicologica.com
Centro Sanitario: C-15-003126

Trastornos psicolóxicos na vellez. Xerontoloxía

As persoas maiores son o motor de moitas familias. Coidalas e promover o seu benestar non é só unha obriga , se non que é esencial para garantir o bo funcionamento da nosa sociedade.

A vellez é unha etapa vital complexa, na que teñen lugar importantes cambios e require dunha atención específica.

Os psicólogos especialistas en persoas maiores ou xerontólogos, son profesionais capacitados para valorar o estado mental das persoas maiores, así como para desenvolver intervencións que fomenten o seu benestar.

No noso centro contamos cun equipo de traballado especializado formado por unha xerontóloga e unha neuropsicológa.

O incremento da esperanza de vida conseguiu que as persoas poidamos gozar dun longo período de plenitude e madurez, pero tamén provocou un gran incremento no número de persoas que padecen problemas de saúde mental e enfermidades neurodexenerativas como as demencias.

Cando una persoa maior presenta cambios no estado de ánimo ou perdas de memoria é fundamental realizar unha valoración do estado mental para que se aplique o tratamento oportuno canto antes.

Servizos clínicos:

  • Valoración global de estado mental.
  • Valoración neuropsicolóxica.
  • Detección precoz de demencias.
  • Detección de depresión, ansiedade, trastornos de somatización, trastornos psicóticos, etc.
  • Deseño e desenvolvemento de intervencións e tratamentos personalizados.
  • Rehabilitación neuropsicolóxica en caso de alteracións no funcionamento cerebral: entrenamento e rehabilitación da atención, memoria, etc.
  • Asesoramento e orientación ás familias.
  • Asesoramento e apoio psicolóxico ós coidadores/as de persoas dependentes.

* Para facilitar a atención as persoas maiores, ofrecemos, tamén, atención en domicilio.

Servizos psicosociais:

  • Charlas sobre envellecemento saudable.
  • Talleres de entrenamento cognitivo.
  • Programas de prevención da depresión e fomento do benestar (Proxecto BEM).