No desenvolvemento psicolóxico e emocional dunha persoa, a infancia vai a ser a idade de maior transcendencia.
Dende o punto de vista psicolóxico esta etapa ten unha serie de particulares que a fan totalmente singular:
- Adquisición e consolidación de diferentes habilidades.
- Primeiros pasos no desenvolvemento da personalidade do individuo.
- Cambios grandes en curtos períodos de tempo, que fan que os pais deban reformular progresivamente as normas, os límites, as responsabilidades e liberdades que lle outorgan os seus fillos.
- Incapacidade, as veces, para verbalizar o que lles está pasando, moitos nenos non son capaces de poñerlle nome o que están sentido, ou porque motivo teñen un determinado comportamento ou actitude.
- A manifestación dos problemas psicolóxicos na infancia adoptan unha forma propia de expresión. Algúns nenos expresan o seu malestar con comportamentos internalizados: como son as queixas somáticas (Por exemplo; dor de barriga, dor de cabeza, problemas gastrointestinais.), tristeza, ansiedade ou comportamentos retraídos. Outros nenos exprésanos a través de comportamentos externalizados: problemas de concentración,mentiras, agresividade, problemas escolares, rabietas,…
Por todo isto se fai de gran importancia que as nenas e nenos sexan valorados e tratados por psicológos especializados en psicoloxía infantíl.
No noso centro contamos cun equipo de traballo formado por una psicóloga especialista en psicolóxia infantil e unha neuropsicóloga.
No Centro de Atención Psicolóxica Áurea Brea contamos con psicólogos especializados nos trastornos típicos da infancia:
- Medos e fobias infantís.
- Ansiedade de separación.
- Depresión infantil.
- Timidez.
- Mutismo.
- Problemas de acoso escolar.
- Problemas de conduta.
- Problemas no vínculo: Apego inseguro, celos.
- Enuresis e encopresis.
- TDAH.
- Trastornos do espectro autista.
- Retraso madurativo.
- Dificultades académicas, problemas de aprendizaxe e fracaso escolar.