981-97-28-78

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 33, 1ºB, NOIA. Cp:15200
info@aureabreaclinicapsicologica.com
Centro Sanitario: C-15-003126

Trastornos psicolóxicos da adolescencia

A adolescencia é un período clave no desenvolvemento dunha persoa. É un estado de transición entre a infancia e a adultez.

Esta etapa caracterizase pola presenza de grandes cambios, tanto físicos como mentais, nun curto período de tempo.

  • A perda do corpo e do rol infantil,o neno paulatinamente vai deixando de ser un neno para empezar a ser un adulto. O seu corpo e a súa mente están sufrindo unha profunda transformación.
  • Aumenta a independencia e vaise dando un maior afastamento dos pais.
  • Pertencer a un grupo de iguais vai a ser de máxima importancia, os amigos son unha prioridade.
  • O aspecto físico e a imaxe corporal cobra cada vez máis importancia. Debido a isto, poden aparecer problemas de autoestima e insatisfacción co propio corpo.
  • Descubrimento da sexualidade individual e compartida. Defínese a orientación sexual xa que aparece a atracción física cara outras persoas.
  • Nesta etapa experimentase cos límites e cas normas, hai unha actitude máis reivindicativa e unha maior necesidade de transgresión.
  • Tamén existe unha maior curiosidade sobre o mundo que lles rodean e son habituais as profundas reflexións sobre o sentido da vida.
  • Na adolescencia predomina unha sensación do inmediato, que fai que vivan con gran intensidade calquera acontecemento presente, que a ollos dun adulto podería non ter maior importancia.
  • A todos estes cambios sociais e evolutivos debemos engadirlle os cambios hormonais que provocan constantes altibaixos no seu estado anímico e maior irritabilidade.

É lóxico que os pais poidan chegar a confundir este tipo de cambios naturais no adolescente con problema de conduta. Tamén é habitual a aparición de contradicións, ambivalencias e friccións no ámbito familiar e social. Todo isto pode facer que os pais se sintan un tanto desbordados.

Neste sentido o psicólogo especialista na adolescencia axuda as nais e pais a xestionar o mellor posible esta etapa.

  • Valorando de forma obxectiva a gravidade da situación.
  • Mellorando as habilidades comunicativas.
  • Axudando na resolución de conflitos.
  • Reforzando e asesorando á hora de poñer límites e normas.
  • Ensinándolles a xestionar as súas propias emocións.

Na adolescencia ademais destes cambios naturais poden aparecer verdadeiros trastornos ou problemas serios de conduta. Os máis frecuentes:

  • Problemas de conduta: oposicionismo, condutas agresivas, impulsividade, problemas cos límites.
  • Fracaso escolar. o mal rendemento académico pode provocar escasa motivación, levando a moitos adolescentes a abandonar os estudos.
  • Trastornos alimentarios: anorexia, bulimia, trastorno por atracón.
  • Baixa autoestima.
  • Trastornos anímicos: depresión, trastorno bipolar.
  • Trastornos de ansiedade: ansiedade ante exames, fobia social, ansiedade xeneralizada…..
  • Abuso ou dependencia de alcohol e outras drogas.

No noso centro contamos con psicólogos especialistas nos trastornos psicolóxicos propios da adolescencia.