981-97-28-78

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 33, 1ºB, NOIA. Cp:15200
info@aureabreaclinicapsicologica.com
Centro Sanitario: C-15-003126

Terapia de parella

terapia de parella_compressedNa sociedade actual, a parella é unhas das formas de vinculación entre persoas de maior éxito, tanto pola súa perdurabilidade ó longo dos anos como pola gran implicación e compromiso que implica entre os seus membros.

Para que esta asociación sexa un éxito, faise necesario que os membros da parella posúan unha serie de habilidades:

Capacidade de dialogar e comunicarse, apertura persoal, capacidade de compartir, empatía, seguridade en sí mesmos e confianza no outro, capacidade de compromiso, habilidades para resolver conflitos e boa xestión das emoción propias e alleas.

Desafortunadamente, é frecuente, que as persoas non dominen axeitadamente todas estas habilidades, polo que se fai necesario un entrenamento no manexo das mesmas. A terapia de parella axuda a reforzar os puntos débiles da relación así como a revalorizar e potenciar os puntos fortes.

Por outra banda, parellas que funcionaron exitosamente poden chegar a atravesar crises, por mor de diferentes factores. En ocasión factores internos, como a monotonía, a convivencia, problemas no ámbito afectivo-sexual. Pero en moitos casos, tamén, por estresores externos como o desemprego, a economía, o nacemento de fillos, as familias de orixe, etc.

O terapeuta de parella axuda a resolver este tipo de dificultades, dotando a parella de estratexias e recursos, encomendando tarefas para reforzar o vínculo e ofrecendo unha visión obxectiva e neutral dos problemas.

Cando a única solución é a ruptura, dende a terapia de parella, ofrécese o apoio psicolóxico necesario para amortiguar os impactos perniciosos da ruptura e facilitar unha separación amistosa e conciliadora entre os seus membros. Isto, faise aínda máis necesario cando a parella ten fillos en común.