Os talleres grupais son unha magnífica forma de mellorar aspectos de nós mesmos.
Os talleres grupais teñen numerosas vantaxes e beneficios:
- O apoio do grupo aumenta a motivación para o cambio.
- Comprobar que outras persoas pasan por la mesma situación elimina os sentimentos de soidade.
- Contar coa experiencia de outras persoas apórtanos ideas novas que poden sernos útiles para nós.
- Son unha oportunidade para coñecer xente e crear amizades.
- Son máis económicos que as intervencións individuais.
Talleres grupais dispoñibles:
● SOLUCIÓNS Ó TABAQUISMO.
Adquire as estratexias e a motivación necesaria para superar a adicción ó tabaco.
● ALIMENTACIÓN, PESO E SAUDE.
Na perda de peso o factor psicolóxico xoga un papel decisivo. Con este taller conseguirás perder peso de forma saudable e duradeira, respetando o teu corpo e aprendendo a controlar a túa mente.
● MULLER E AUTOESTIMA.
Vivimos nunha sociedade que pon trabas ó completo desenvolvemento da muller e fomenta complexos e inseguridades.
Desafortunadamente moitas mulleres séntense inseguras consigo mesmas y non se valoran tal e como son.
Sen dúbida, o traballo grupal e a orientación psicolóxica poden axudar a incrementar a súa autoestima e o seu estado de ánimo.
● ESCOLA DE NAIS E PAIS.
Educar a un fillo é a tarefa máis importante a que se enfronta unha persoa, sen embargo, ninguén nos ensina cómo debemos facelo. É fundamental a adquisición de certos coñecementos e estratexias para superar con éxito as dificultades que moitas veces xorden ó coidar e educar ós fillos.
● HABILIDADES SOCIAIS.
Moitas persoas teñen dificultades para relacionarse, intimar cos demais ou falar en público. Cando este problema non se soluciona pode xerar graves consecuencias como illamento social, ánimo decaído ou consumo de alcohol e drogas.
Outras veces, as persoas non saben comunicarse de forma axeitada e a miúdo cálanse as súas opinións, ou pola contra, encolerízanse e gritan con facilidade.
Con este taller aprenderás a comunicarte e relacionarte mellor con outras persoas.
Lugar de celebración: Centro de Atención Psicolóxica Áurea Brea (Noia).
Horario: sábado á mañá e a súa duración é de 1 hora e 30 minutos.
Se desexa ampliar información ou inscribirse nalgún dos talleres, chame ó: 981-97-28-78