A prevención e a psicoeducación son as ferramentas clave para promover a saúde. Multitude de patoloxías, tanto físicas como mentais, veñen reducindo a súa incidencia na poboación grazas as actividades preventivas.
A finalidade dos seguintes servizos (programas preventivos, charlas e talleres psicoeducativos) é tanto a prevención de patoloxías como a promoción do benestar e a saúde emocional.
As problemáticas nas que se incide en maior medida son: adiccións, desordes alimentarios, desordes anímicos e dependencia.
Os principais destinatarios destas intervencións son: infancia e adolescencia, muller, pais e nais e terceira idade.
» Prevención escolar.
● PROGRAMA DE PREVENCIÓN DOS TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA E A OBESIDADE INFANTIL.
Obxectivos:
-
Fomentar a través do xogo hábitos de alimentación saudables.
-
Adquisición de conceptos básicos sobre os alimentos.
-
Crear un marco para xerar relacións positivas co eido da alimentación.
Destinatarios: nenos e nenas de educación infantil.
Duración: 1 hora.
● PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO DESORDES ALIMENTARIOS: ANOREXIA, BULIMIA E OBESIDADE.
Descrición: programa que consta de taller práctico e accións avaliativas.
Duración: 1 sesión de 100 minutos + 20 minutos para tarefas avaliativas.
Obxectivos:
-
Enriquecer o autoconcepto e incrementar a autoestima.
-
Desenvolver o pensamento crítico ante os mensaxes publicitarios.
-
Desmentir falsos estereotipos sociais vinculados á imaxe.
-
Informar sobre os perigos de certas dietas e hábitos alimentarios e fomentar hábitos de alimentación saudables.
-
Detectar adolescentes en risco de padecer estas problemáticas e asesoramento dos mesmos.
Destinatarios:
-
Adolescentes entre 13 e 16 anos.
-
Existe unha versión do programa para alumnos de 2º ciclo de primaria.
● PROXECTO ATRÉVETE: PROXECTO DE PREVENCIÓN DO ABUSO DO ALCOHOL E OUTRAS DROGAS.
Descrición: proxecto preventivo que incide directamente sobre os factores de risco de consumo de alcohol e drogas.
Obxectivos:
-
Transmitir conceptos clave sobre o tema do alcohol.
-
Fomentar o pensamento crítico con respecto ó consumo do alcohol e outras drogas.
-
Potenciar factores de protección para ó abuso de alcohol e outras drogas (habilidades sociais, capacidade de resolución de problemas, tolerancia á frustración, etc.)
-
Detectar adolescentes vulnerables a padecer estas patoloxías e deseñar un plan personalizado cos aspectos que se han de traballar.
Destinatarios: rapaces e rapazas entre 13 e 17 anos.
Duración: 4 sesión de 100 minutos.
» Para educadores (nais e pais e profesorado):
● ACHEGAS DA PSICOLOXÍA Á EDUCACIÓN: PREVENCIÓN DE PROBLEMAS DE CONDUTA.
Descrición: Charla – coloquio, altamente recomendable.
Duración: 90 minutos.
Obxectivos:
-
Presentación das estratexias básicas que garanten unha estabilidade emocional e un marco de desenvolvemento seguro e estruturado para o neno/a.
-
Previr de forma precoz problemas de conduta e comportamentos disruptivos.
Destinatarios: pais e nais de nenos e nenas de 0 a 11 anos, tamén recomendable para educadores destas franxas de idade.
● ACHEGAS DA PSICOLOXÍA Á EDUCACIÓN: A ETAPA ADOLESCENTE.
Descrición: Charla – coloquio.
Duración: 90 minutos.
Obxectivos:
-
Familiarizar ás nais e pais coas particularidades específicas da etapa adolescente.
-
Dotar ós pais e nais de estratexias educativas encamiñadas a promover un axeitado desenvolvemento persoal e social nos seus fillos e fillas.
Destinatarios: pais e nais de rapaces e rapazas entre 11 e 17 anos. Educadores/profesorado de adolescentes.
● DESORDENES ALIMENTARIOS: IDENTIFICACIÓN E PREVENCIÓN.
Descrición: Charla -coloquio.
Duración: 100 minutos.
Obxectivos:
-
Adquisición de coñecementos para a rápida identificación de trastornos da conduta alimentaria.
-
Dotar as nais e pais de competencias no eido da educación nutricional e no fomento dun autoconcepto saudable nos seus fillos.
-
Fomentar o emprego de pautas de alimentación saudables nas súas casas.
Destinatarios: pais/nais e profesorado de nenos/as en idade escolar.
» Muller.
● MULLER E AUTOESTIMA.
Descrición: taller grupal.
Destinatarios: adultos, especialmente mulleres de 15 a 65 anos.
Duración: 3 sesións de 120 minutos de duración.
Obxectivos:
-
Concienciar sobre os mensaxes perniciosos que recibimos e crear unha protección fronte os mesmos.
-
Potenciar un autoconcepto rico e amplio.
-
Fomentar hábitos de vida saudables a nivel físico e mental.
-
Prevención de desordes anímicos e alimentarios.
» Terceira idade.
● CLAVES PARA UN ENVELLECEMENTO ACTIVO: PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA.
Descrición: exposición dinámica tipo charla -coloquio.
Duración: 80 minutos.
Obxectivos:
-
Desmitificar aspectos negativos vinculados ó envellecemento.
-
Promover hábitos e actitudes entre a poboación que garanten o benestar das persoas nesta etapa vital.
Destinatarios: especialmente indicado para maiores de 55 anos pero recomendable para calquera adulto.
● PROXECTO BEM: PROXECTO PARA A PROMOCIÓN DO BENESTAR EMOCIONAL NO MAIOR.
Descrición: programa preventivo que aborda en profundidade os factores de risco de patoloxías ansiosas e anímicas.
Obxectivos:
-
Detectar de forma precoz patoloxías ansiosas e depresivas.
-
Desmitificar estereotipos negativos vinculados á vellez.
-
Promoción de hábitos saudables e adopción de estratexias protectoras contra estas problemáticas.
Destinatarios: persoas maiores de 65 anos e coidadores de dependentes.
Duración: 7 sesións de 90 minutos de duración.
-
As actuacións indicadas poden flexibilizarse e adaptarse ós requirimentos específicos da situación e dos destinatarios.
-
Posibilidade de desenvolver novas intervencións segundo as demandas do organismo solicitante.
-
Os proxectos e programas contan cun sistema de avaliación da súa efectividade.