OBESIDADE NO ADULTO.
A obesidade é un problema grave de saúde e un factor de risco para multitude de enfermidades (hipertensión, diabete tipo II, insuficiencia cardíaca…). A nivel psicolóxico, pode provocar insatisfacción persoal e baixa autoestima.
Existen multitude de crenzas falsas sobre a perda de peso. A realidade é que un 95% das persoas que se someten a unha dieta e perden peso volven a recuperalo nos anos seguintes.
O enfoque psicolóxico é imprescindible para promover o benestar físico e emocional da persoa con obesidade.
O psicólogo axuda as persoas con obesidade a:
- Xerar expectativas realistas sobre a perda de peso.
- Adquirir hábitos saudables.
- Desenvolver unha relación saudable coa comida.
- Mellorar a autoestima da persoa que sufre obesidade.
- Manexo das emocións (ansiedade, tristura, malestar…) que contribúen ao comer compulsivo.
O apoio psicolóxico e a reeducación nutricional son esenciais para conseguir adelgazar de forma saudable e duradeira.
OBESIDADE INFANTIL.
A obesidade infantil é un problema que afecta a cada vez mais nenos e nenas neste país. España sitúase xa entre os países do mundo con maior índice de obesidade infantil. Estudos recentes informan de que un 22% dos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos sofren sobrepeso e un 8,3% obesidade.
A prevención familiar e escolar é fundamental, pero unha vez que aparece o problema, a intervención de especialistas é imprescindible para evitar que o sobrepeso ou a obesidade infantil se cronifiquen na vida adulta.
En primeiro lugar, analízanse as causas que producen ou agravan o problema, a continuación deséñase a intervención axeitada para cada caso. Os aspectos clave da intervención son:
- A orientación á familia sobre como abordar o problema.
- A adopción de hábitos de alimentación saudables no fogar.
- O apoio psicolóxico ao menor para evitar sentimentos de culpa e mellorar a súa autoestima.
Con constancia, apoio e traballo en equipo supérase con éxito esta problemática.