Hai multitude de factores polos que una persoa pode acudir a un centro de atención psicolóxica. Dentro dos servizos psicolóxicos para persoas adultas os principais tipos de intervencións que ofrecemos son:
Asesoramento psicolóxico ou apoio psicolóxico puntual.
Tódalas persoas pasan, en algunha ocasión, por momentos difíciles: separacións e rupturas de parella, pérdida de seres queridos, estancamento, toma de decisións relevantes, problemas laborais, entre moitas outras cuestións que forman parte da vida cotiá.
Nestas ocasións, acudir a un psicólogo podo ser moi útil e beneficioso, algunhas das cousas que podemos facer para axudarche son:
-
Mellor o teu estado psicolóxico.
-
Dotarche de recursos para enfrontar a situación.
-
Identificar e reforzar os recursos que xa tes.
Tratamento psicolóxico en trastornos da saúde mental.
En ocasión, as persoas poden chegar a padecer cadros que responden a un trastorno da saúde mental, frecuentemente: depresión, ansiedade, estrés, trastornos alimentarios, adiccións, trastornos de estrés postrumático, etc.
Nestes casos, faise necesario unha valoración e intervención psicolóxica especializada que trate as súas patoloxías.
Tras a valoración do paciente aplicamos a intervención que demostrou cientificamente ser mais eficaz para a problemática identificada.
Desenvolvemento persoal, psicoterapia.
Algunhas persoas aínda que non presentan ningunha psicopatoloxía, desexan mellorar as súas vidas, coñecerse mellor a sí mesmos ou superar medos, limitacións, inseguridades.
A psicoterapia é unha ferramenta valiosa que permite as persoas acadar os seguintes obxectivos:
-
Emprender unha viaxe cara o coñecemento persoal dunha forma segura e guiada.
-
Mellorar a autoestima e a seguridade nun mesmo.
-
Superar traumas do pasado.
-
Sentirte máis en paz con un mesmo e cos persoas do entorno.
-
En definitiva, ser máis libre e feliz.
Ver carta completa de servizos para adultos.