981-97-28-78

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 33, 1ºB, NOIA. Cp:15200
info@aureabreaclinicapsicologica.com
Centro Sanitario: C-15-003126

Trastornos alimentarios

obesidadeOs trastornos alimentarios son trastornos de gran complexidade que requiren dunha atención especializada e multidisciplinar.

A anorexia nerviosa, a bulimia nerviosa e o trastorno por atracón son os trastornos alimentarios de maior gravidade. Estas psicopatoloxías provocan un sufrimento enorme en quen os padece, así como no seu entorno familiar e social.

Aínda que os trastornos alimentarios son trastornos da saúde mental graves, non son, en absoluto, enfermidades incurables. É importantísimo saber que a anorexia nerviosa, a bulimia e o trastorno por atracón teñen solución.

Dende o noso centro, deseñamos intervencións específicas e individuais para superar estas problemáticas con éxito. Mediante a terapia psicolóxica a persoa sae do círculo autodestructivo no que se atopa, conseguindo, progresivamente, ser máis forte e segura de sí mesma.

O traballo coas familias faise, as veces, fundamental sobre todo cando a persoa que padece o trastorno alimentario é un menor. Neste caso, traballamos en equipo xa que contamos con dúas psicólogas especializadas en trastornos alimentarios, o que facilita que podamos dedicarnos de forma conxunta o traballo co paciente e coa familia.