981-97-28-78

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 33, 1ºB, NOIA. Cp:15200
info@aureabreaclinicapsicologica.com
Centro Sanitario: C-15-003126

Neuropsicoloxía

A neuropsicoloxía é unha especialidade das neurociencias que enlaza a neuroloxía e a psicoloxía. A neuropsicoloxía estuda a relación entre os procesos mentais e condutuais e o cerebro, así como os efectos producidos por unha lesión ou funcionamento anómalo nas estruturas do sistema nervioso central.

No Centro de Atención Psicolóxica Áurea Brea faremos unha evaluación exhaustiva para identificar todas aquelas funcións que necesiten rehabilitarse.

As alteracións que vamos a tratar desde o servizo de neuropsicoloxía son as adquiridas a través dunha lesión cerebral (ben sexa por un traumatismo craneoencefálico, un accidente cerebrovascular ou ictus, un tumor ou unha anoxia), lesións neurodexenerativas (Alzheimer, Párkinson ou Esclerosis múltiple) ou do desenvolvemento (parálise cerebral, trastorno por déficit de atención e hiperactividade, retraso madurativo).

Estas alteracións poden causar nas persoas que as padecen:

  • Problemas de atención e concentración.

  • Alteración na velocidade do procesamento da información.

  • Problemas de memoria e aprendizaxe.

  • Problemas visoespaciais e de percepción.

  • Problemas de comunicación.

  • Dificultades para organizarse, planificar e abstraer información.

  • Problemas de motivación e falta de iniciativa.

  • Problemas relacionados coa falta de autoconciencia.

  • Problemas emocionais relacionados coa adaptación á situación actual.

  • Problemas conductuais.

Entre as alteracións que tratamos no noso centro encóntranse as seguintes:

Dano cerebral adquirido.

  • Afasias.

  • Trastornos atencionais.

  • Amnesias.

  • Agnosias.

  • Apraxias.

  • Trastorno cognoscitivo leve.

  • Trastorno das funcións executivas.

  • Trastornos emocionais.

  • Trastornos do comportamento e da personalidade.

Dano cerebral conxénito.

  • Trastornos xeneralizados do desenvolvemento: Síndrome autista, Síndrome de Rett e Síndrome de Asperger.

  • Parálise cerebral.

  • Retraso madurativo.

Outros diagnósticos.

  • Adultos: déficits en atención, memoria, linguaxe, percepción e funcións executivas; trastornos emocionais e do comportamento.

  • Nenos: TDAH, trastornos do aprendizaxe, depresión, ansiedade, trastornos do sono.

Comprendemos que as persoas con determinados danos cerebrais poden ter dificultades para desprazarse, por iso ofrecemos a posibilidade de desprazarnos ó domicilio dos nosos pacientes.