981-97-28-78

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 33, 1ºB, NOIA. Cp:15200
info@aureabreaclinicapsicologica.com
Centro Sanitario: C-15-003126

Trauma, terapia EMDR

A palabra trauma procede do grego e significa ferida.

No ámbito psicolóxico, cando falamos de trauma referímonos a feridas emocionais. Con frecuencia, certas vivencias perturbadoras, poden desbordar os mecanismos de procesamento cerebral (é dicir o noso cerebro non é capaz de dixerilas) polo que quedan bloqueadas na memoria provocando malestar e secuelas psicolóxicas.

Existen diferentes tipos de trauma:

Traumas provocados por acontecementos que puxeron en risco a vida da persoa.

Falamos aquí de acontecementos altamente perturbadores como un atraco con agresión, una enfermidade moi grave, un naufraxio, terremoto, accidente de tráfico, violación, etc.

Este tipo de situación poden provocar que algunhas persoas sufran un Trastorno de Estrés Postraumático. Os síntomas habituais nestes casos son: ansiedade, insomnio, pesadelos, imaxes intrusivas do suceso, fobias a certos estímulos relacionados co acontecido, etc.

Traumas acontecidos na infancia ou adolescencia.

A infancia é un período especialmente vulnerable, isto significa que acontecementos que son superables con facilidade para un adulto poden provocar graves secuelas no sistema emocional dun neno.

Referímonos aquí, a todo tipo de situacións que afectan a seguridade física e emocional dun neno. Por exemplo: morte prematura do pai ou nai, pais emigrados, abandonos, separación conflitiva dos pais, pais que sofren adiccións ou trastornos mentais, maltrato ou abuso xa sexa físico, psicolóxico ou sexual, acoso escolar, etc.

Estas situación son sumamente prexudiciais para o sistema emocional dos nenos e provocan trastornos psicolóxicos na infancia. Co paso dos anos, se non foron axeitadamente tratadas poden chegar a ser o xerme de numerosas patoloxías mentais na vida adulta, como: Trastornos disociativos, trastornos da personalidade, dependencia emocional, trastornos de ansiedade e depresión, adiccións, trastornos alimentarios.

Nos últimos anos, dende a psicoterapia, vense ignorando a repercusión das experiencias traumáticas na saúde mental.

Por exemplo, é habitual atoparse en consulta a persoas que a pesares de levar moitos anos indo a psicólogos e psiquiatras non recibiron axuda directa para superar acontecementos moi dolorosos que ocorreron nas súas vidas e os marcaron profundamente.

Actualmente dende enfoques terapéuticos como o EMDR ou a terapia sensoriomotriz, vense demostrando a importante repercusión de certas vivencias traumáticas na saúde mental.

¿Qué é o EMDR?

O EMDR, é un tipo de abordaxe psicolóxico que axuda as persoas a procesar os acontecementos traumáticos. As siglas EMDR, en inglés, corresponde coas palabras Desensibilización e Reprocesamento por medio de Movementos Oculares. Esta técnica psicolóxica consegue que se procese o material traumático e axuda a potenciar estados emocionais positivos co fin de facilitar o crecemento persoal do paciente e o seu proceso curativo.

O enfoque EMDR marca unha nova etapa no ámbito da psicoterapia, por fin, moitas persoas que non evolucionaban nos seus síntomas nin os entendían, obteñen respostas e unha intervención eficaz que lles permite desprenderse do seu malestar e superar as feridas do pasado.

O EMDR é una técnica que demostrou ser eficaz no tratamento das seguintes problemáticas:

  • Ansiedade e ataques de pánico.
  • Fobias e medos irracionais.
  • Trastorno de estrés post-traumático.
  • Trastornos disociativos.
  • Duelos e rupturas de relacións.

Só os psicólogos acreditados están lexitimados para empregar esta técnica, no noso centro contamos con psicólogos especializados en trauma e EMDR.

Para máis información podes consultar a páxina oficial de EMDR España.