As persoas maiores son o motor de moitas familias. Coidalas e promover o seu benestar non é só unha obriga , se non que é esencial para garantir o bo funcionamento da nosa sociedade.
A vellez é unha etapa vital complexa, na que teñen lugar importantes cambios e require dunha atención específica.
Os psicólogos especialistas en persoas maiores ou xerontólogos, son profesionais capacitados para valorar o estado mental das persoas maiores, así como para desenvolver intervencións que fomenten o seu benestar.
No noso centro contamos cun equipo de traballado especializado formado por unha xerontóloga e unha neuropsicológa.
O incremento da esperanza de vida conseguiu que as persoas poidamos gozar dun longo período de plenitude e madurez, pero tamén provocou un gran incremento no número de persoas que padecen problemas de saúde mental e enfermidades neurodexenerativas como as demencias.
Cando una persoa maior presenta cambios no estado de ánimo ou perdas de memoria é fundamental realizar unha valoración do estado mental para que se aplique o tratamento oportuno canto antes.
Servizos clínicos:
- Valoración global de estado mental.
- Valoración neuropsicolóxica.
- Detección precoz de demencias.
- Detección de depresión, ansiedade, trastornos de somatización, trastornos psicóticos, etc.
- Deseño e desenvolvemento de intervencións e tratamentos personalizados.
- Rehabilitación neuropsicolóxica en caso de alteracións no funcionamento cerebral: entrenamento e rehabilitación da atención, memoria, etc.
- Asesoramento e orientación ás familias.
- Asesoramento e apoio psicolóxico ós coidadores/as de persoas dependentes.
* Para facilitar a atención as persoas maiores, ofrecemos, tamén, atención en domicilio.
Servizos psicosociais:
- Charlas sobre envellecemento saudable.
- Talleres de entrenamento cognitivo.
- Programas de prevención da depresión e fomento do benestar (Proxecto BEM).