Orientación e asesoramento.
Este servizo é totalmente gratuíto. Calquera persoa que presente unha determinada problemática pode acudir ó Centro de Atención Psicolóxica para recibir orientación e asesoramento, sen ningún tipo de compromiso. Escoitámola, tratamos de resolver as súas dúbidas e proporcionarlle información sobre as solucións que podemos ofrecerlle dende o noso centro, así como doutros recursos da zona que tamén poden axudala.
Prezo por sesión.
As sesións de valoración e tratamento psicolóxico individual teñen un custo de 40 euros por sesión.
As sesións de terapia de parella teñen un custo de 50 euros por sesión.
Talleres grupais.
O custo dunha sesión de taller grupal, dunha hora e media de duración, é de 10 euros.
O custo total do taller é varible dependendo da súa duración total.
Por exemplo: Taller de autoestima, duración de 10 sesións, custo total 100 euros.
As nosas tarifas están pensadas para ser asequibles a todo tipo de persoas, xa que mantemos a firme convicción de que todos e todas temos dereito a unha atención psicolóxica de calidade.