Nace en Santa Uxía de Ribeira en 1984. Estuda Psicoloxía na USC (Universidade de Santiago de Compostela) licenciándose no 2010 coa especialidade de Psicoloxía Clínica.
Realiza o practicum no ámbito da psicoloxía deportiva, realizando tarefas de psicoeducación, habilidades socias, estratexias de motivación e técnicas estudio.
Unha vez que remata a licenciatura desenvolve a súa formación de postgrao no ámbito da psicoloxía infanto- xuvenil. Realiza varios curso neste eido:
- Curso terapia familiar con adolescentes.
- Curso sobre medos e fobias infantís.
- Curso especialista en psicoterapia infantil e xuvenil.
- Curso os problemas de atención: superando o debate con solucións dende a aula e o fogar familiar.
- Curso Apego e psicoterapia.
- Curso prevención, diagnóstico e intervención en dislexia.
Asemade realiza un curso de Formación en Psicoloxía sanitaria de outubro do 2012 a xuño do 2013.
En agosto de 2013 comeza a colaborar como psicóloga no centro de Atención psicolóxica Áurea Brea, realizando tarefas de avaliación e diagnóstico psicolóxico, psicoterapia e desenvolvendo programas de prevención e intervención psicolóxica.
En abril de 2014, unha vez obtido o máster de psicoterapia infantil e xuvenil incorporase o centro de Atención Psicolóxica Áurea Brea como psicóloga especialista en infancia e adolescencia.