Metodoloxía : Psicoloxía baseada en probas.
En calquera ámbito da vida é fundamental diferenciar entre os coñecementos populares e os coñecementos demostrados cientificamente. Isto faise, aínda máis importante, cando falamos de saúde, no ámbito psicolóxico aplicar intervencións inapropiadas pode ter graves consecuencias para os pacientes.
A psicoloxía baseada en probas, é un enfoque metodolóxico que avoga por ofrecer ós pacientes o mellor tratamento posible dentro do marco de coñecemento científico actual.
No Centro de Atención Psicolóxica Áurea Brea rexémonos por este enfoque. Primeiramente realízase unha valoración do usuario e a continuación decídese o tipo de intervención psicolóxica que demostrou cientificamente ser máis eficaz para dita problemática.
Servímonos, polo tanto, das diferentes técnicas e enfoques que nos ofrecen as diversas orientacións psicolóxicas: cognitivo-condutual, sistémica, terapia familiar, terapia EMDR, sensoriomotor, mindfullness, neuropsicoloxía,…
Dotámonos así, dunha flexibilidade metodóloxica que nos permite adaptarnos as particularidades de cada caso.
Avaliación continua das nosas intervencións.
Dende que un usuario comeza a súa terapia realizamos avaliacións continuadas da súa evolución. Deste xeito podemos comprobar se as intervencións que estamos desenvolvendo están sendo útiles ou pola contra hai que buscar outro tipo de solucións.
Atención especializada.
A psicoterapia é unha ciencia de gran complexidade. Cada grupo de idade e cada tipo de trastorno require de recursos e habilidades específicas por parte dos profesionais. No noso centro cada caso é tratado por un profesional especializado que está en constante formación.
Os nosos principios básicos.
Os principios que rexen a nosa forma de traballo son os seguintes:
- O benestar do usuario é a prioridade máxima.
- É importante adaptarse as demandas que fai o usuario.
- O terapeuta debe ser natural e auténtico para facilitar unha relación de confianza.
- Confianza total no paciente, empatía e compresión.
- A finalidade do proceso terapéutico é que o paciente se desenvolva plenamente en tódolos ámbitos da súa vida, superando os seus medos e limitacións.
- O ser humano é único e irrepetible, temos a tarefa de sacar a luz eso único que hai en nós.