981-97-28-78

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 33, 1ºB, NOIA. Cp:15200
info@aureabreaclinicapsicologica.com
Centro Sanitario: C-15-003126

Centro de Atención Psicolóxica Áurea Brea.

foto presentación_compressedO Centro de Atención Psicolóxica Áurea Brea comezou a súa andadura en febreiro de 2013, dende entón, ven ofrecendo solucións eficientes as problemáticas psicolóxicas de numerosos nenos/as, adolescentes e adultos.

O centro está formado polo seguinte equipo de profesionais:

Áurea Brea Fernández (psicóloga sanitaria, terapeuta EMDR, xerontóloga).

María González Paz (psicóloga sanitaria, especialista en psicoloxía da infancia e adolescencia).

Noelia Santos Alonso (psicóloga sanitaria, neuropsicóloga).

Algunhas das razóns polas que cabe sinalalo como un centro de referencia, son as seguintes:

  • Localización idónea.

Situado no concello de Noia, en Labarta. Zona de fácil acceso con numerosas prazas de aparcamento gratuíto.

Noia é unha vila mariñeira situada a 25 minutos de Santiago de Compostela.

  • Asesoramento gratuíto.

O Centro de Atención Psicolóxica Áurea Brea é un lugar de confianza onde podes acudir sempre que teñas un problema ou unha dúbida do ámbito psicolóxico. Un sitio no que serás escoitado e asesorado, sen ningún tipo de compromiso.

  • Servizos de calidade.

Este centro presta uns servizos psicolóxicos de calidade impartidos por psicólogos sanitarios con experiencia, que están en constante formación para perfeccionar as súas intervencións.

  • Atención especializada. Ofrece atención psicolóxica especializada a cada grupo de idade: nenos, adolescentes, adultos e persoas maiores.

Conta con psicólogos con formación específica nos trastornos de maior complexidade, como poden ser os trastornos alimentarios, as adiccións ou os trastornos derivados de experiencias traumáticas.

  • Máxima privacidade e intimidade.

  • Traballo en equipo.

Nalgúns casos concretos resulta especialmente útil o abordaxe dende un equipo terapéutico.

  • Un lugar agradable e acolledor, con vistas á natureza, onde sentirte a gusto e relaxado.

  • Posibilidade de desprazamento a domicilio.

  • Tarifas accesibles.

Os prezos dos servizos están pensados para garantizar a súa accesibilidade.